O PEQUENO BESBELLO

Clases de reforzo

Clases de reforzo

Adaptación, flexibilidade e profesionalidade.
As nosas clases de reforzo están deseñadas para atender as necesidades de cada alumnx, por iso traballamos en grupos reducidos ou en clases individuais.
Ofrecémosche axuda para superar dificultades ou mellorar o teu rendemento, sen importarnos nada máis que o teu benestar e a túa aprendizaxe.

Alumnxs

Dá igual a etapa educativa na que te atopes. Non importa a idade, tan só as ganas ou necesidade de aprender. 
Con nós sempre atoparás un oco confortable.

Clases

Lectoescritura, as clásicas asignaturas escolares, materias universitarias, programación para opositores e calquera interese para curiosxs que nunca se cansan de aprender ou aqueles que teñen unha espiña clavada.

Medios

Contamos con aulas cómodas e perfectamente equipadas.
O noso equipo está formado por profesionais especializados en distintos campos, dende as humanidades e idiomas ata as ciencias e a psicoloxía.

Modalidades

Só traballamos con grupos reducidos, con un máximo de 4 alumnxs por aula.
Ofertamos sesións de 1 hora ou 45 minutos, en función das necesidades e características.

As nosas aulas

Aula de primaria
Aula de psicoloxía educativa
Aula de idiomas
Aula de ciencias
Dirección e orientación
Share by: