O PEQUENO BESBELLO

Psicoloxía educativa

PSICOLOXÍA EDUCATIVA


Un servizo para resolver dúbidas, buscar consello, traballar e detectar as dificultades educativas e psicolóxicas.

Orientación

Un espazo no que resolver dúbidas, expoñer as preocupacións e contar as dificultades na procura de consello.

Avaliación

O primeiro paso para a superación das dificultades é o coñecemento das súas causas. Para iso elaboramos un informe coa información recollida en distintas probas específicas xunto coas conclusións e explicacións.

Intervención

Traballo específico desde a comprensión, flexibilidade e adaptación para a reeducación e desnvolvemento de ferramentas adaptativas.

Becas ANEAE

Cubrimos e traballamos a través das becas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo do Ministerio.

Que é a psicoloxía educativa e evolutiva?

Ocúpase da evolución das persoas desde o inicio da vida ata o fin da mesma. 
Estuda e traballa sobre o desenvolvemento das persoas e os cambios, dificultades e trastornos relacionados coa educación formal e non formal (escola, familia, grupo de iguais, redes socias...)
As súas aportacións son:
  • Mellorar a forma de estudar e aprender.
  • Reeducar comportamentos e hábitos que non son útiles para afrontar a situación actual.
  • Desenvolver estratexias, técnicas, habilidades, conductas e actitudes que permitan minimizar o impacto negativo das dificultades e trastornos evolutivos e educativos.
  • Realizar estimulación cognitiva (atención, memoria, toma de decisións, planificación...)
  • Detectar e intervir sobre dificultades e trastornos evolutivos e educativos.
  • Dar ferramentas a pais, nais e docentes para enfocar as distintas etapas evolutivas dxs fillxs e alumnxs.

Share by: